1/2/13

Visítanos Susa Herrera



El libro es un álbum ilustrado que incorpora un CD y DVD con las 10 canciones que componen el libro y que tienen a 10 animales del Parque de la Naturaleza de Cabárceno como protagonista. Además del texto de las canciones de Susa Herrera y de las ilustraciones de Violeta Monreal se incluyen las partituras de los 10 temas y unas propuestas didácticas para poder trabajar en el aula.





Visita de Susa - diapositivas

Moitas grazas Susa por compartir este novo libro co alumnado e profesorado de Fontes.
A presentación foi sensacional.
Todos disfrutamos moito contigo.Eres xenial.
Conta con nós para o próximo libro.
Parabéns!!!

Día da Paz






Marcha solidaria - diapositivas

O alumnado do CEIP Fontes-Baíña o "Día da Paz" realizaron todas estas actividades.
- Diversos traballos sobre a Paz.
- Unha marcha solidaria
- Banco de alimentos que se entregarán en Cáritas de Baiona 

27/1/13

Volcán en accción


Volcán en acción - diapositivas

Brais,Óscar e Pablo ensinaron ao alumnado de 3º Ciclo de E.Primaria cómo sae a lava dun volcán.
Parabéns!!!

Elaboración do volcán:

Primeiro, cóllese unha botella de plástico e córtaselle a boca. Posteriormente, pégase nun cartón que servirá de base. Rodéase con bólas feitas con papel de xornal dándolles a forma de volcán. Cóbrense cunha capa de papel de cociña impregnada nunha mestura de cola con auga.
Déixase secar durante varias horas, ata que endureza.
Finalmente, píntase de cor marrón.

Formación da lava:
Engádese lavalouza (para dar consistencia escumosa), bicarbonato sódico, pemento (para colorear de vermello) e vinagre (para que reaccione co bicarbonato producíndose dióxido de carbono que fai que se forme a lava).

18/1/13

15/1/13

Mil grullas pola Paz






Preme nas imaxes
 
 
 
Estamos preparando grullas con pareados e poemas sobre a Paz.
Realizaremos unha marcha pola Paz.
Recolleremos alimentos non perecedeiros,que posteriormente  entregaremos a Cáritas de Baiona.



8/1/13

Festa de Nadal





Celebramos a festa de Nadal coas seguintes actuacións:
. E.Infantil A: "Xa me tardan estes magos"
. E.Infantil B: "Tres reis en bicicleta"
     "El arbolito" (Xuntos os dous grupos)
.1º de E.Primaria: "Arre borriquito"
"Ven,ven,que la fiesta empezó"
.2º de E.Primaria: "Un cuento de mar" (teatro)
"A luz do Nadal" (poema)
.3º de E.Primaria: "A praia" (Escenificación do Nadal mariñeiro de Anisia Miranda)
.4º de E.Primaria: "Trineo averiado"
"Poema de Nadal"
.5º de E.Primaria: "As nosas mascotas e o Nadal"
  Poemas inventados polos alumnos/as as súas mascotas.
.6º de E.Primaria: "Adios ríos,adios fontes"
Despedimos ao noso compañeiro José Luis Cadenas que se xubilou en Nadal.
Desexámoslle o mellor na nova etapa que vai emprender.
Que sexas moi feliz!!!