2/12/12

Traballamos a poesía


Poesía 5º - foto montaje

O alumnado de 5º de E.Primaria estivo a traballar a poesía.

23/11/12

Coñecemos as algas


Algas 2012 - diapositivas

En Galicia contamos cunha elevada presenza de algas nas nosas costas.Tradicionalmente,os seus usos estiveron vinculados ao agro, como abono e alimentos para animais.Algunhas especies usábanse para curar doenzas,como catarros,bocio e úlceras na pel.
As algas están moi presentes na nosa vida diaria:pizzas,doces, flans, patés,iogures e batidos son algúns dos alimentos que consumimos acotío e que conteñen extractos de algas.
As algas son un alimento de alto valor nutricional. A abundancia de nutrintes e especialmente de sales minerais, fan das algas un alimento saudable para o noso organismo.
Conteñen grande abundancia de vitaminas,teñen un apreciable contido en proteínas.Poden actúar como reguladoras da tensión arterial,e presentan un baixo contido en lípidos totais.
O elevado consumo de algas está entre as causas de escasa incidencia de problemas cardíacos entre a poboación do Xapón.

O Outono en E.Infantil


Outono 2012 - diapositivas


Os nenos e nenas de Infantil traballamos o longo deste trimestre o outono a través da poesía. Fixemos un mural cos froitos do outono. Aprendemos varias poesías, cancións e rimas, esperamos que vos guste.

 

Froitos do outono

imos coller

que despois ó cole

imos traer.

 

Noces e castañas,

piñóns, uvas e mel

mandarinas e améndoas

a miña cesta encherei.

15/11/12

Magosto


 
Cantigas
 
As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos,
os ollos da túa cara
para min son dous feitizos.
 
Castiñeiro sen polóns
que castañas pode dar;
mozo solteiro sen dentes
que moza pode atopar.
 
Bugallos nun castiñeiro
foi cousa que nunca vin;
gabácheste que te quixen
e nunca te pretendín.
 
Castiñeiro,dás castañas,
que eu che vexo candeas;
ó te ver falar con outro
sáltame o sangue nas veas.
 
O Magosto.Ed. IR INDO


31/10/12

Celebramos O Samaín



Bonitas cabazas as que nos trouxeron as familias para celebrar O Samaín.
Ademais con pareados!
Pequenos e maiores celebramos o Samaín. Samaín 2012 on PhotoPeach Entrega de agasallos a todos os participantes.

26/10/12

Celebramos o Día da Biblioteca

Para celebrar o Día da Biblioteca, 24 de Outubro, repartíronse:
- As mochilas viaxeiras dende E.Infantil a 6º de E.Primaria.
- As libretas viaxeiras a 1º Ciclo de E.Primaria e 3º curso de E.Primaria.
- O libro viaxeiro a E.Infantil.
- O libro "Os meus poemas" a 4º,5º e 6º de E.Primaria.
Tamén contamos con Servando,   que nos amenizou con varios contos acompañado da súa acordeón.
Foi fantástico!
Estivemos abraiados coa súa actuación!
Felicitámolo polo rato tan agradable que nos fixo pasar.

10/10/12

Día da Biblioteca

Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) e que chegará aos centros en datas próximas. Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)