4/11/11
Samaín en E.Infantil
SAMAÍN
Durante a última semana de outubro, o alumnado de Infantil, estivo decorando as aulas para celebrar a festa do Samaín. Coloreamos monstros, arañas, vampiros... ademais colgamos do teito teas de araña QUE MEDO!
Tamén decoramos as ventás con cabazas. Agora imosvos contar como as fixemos por si vos animades a facelas na casa:
• Coloreamos unha cabaza nunha folla de cartolina
• Picámoslle os ollos, boca e nariz.
• Pegamos nos ocos papel celofán.
• Recortamos a cabaza arredor.
• Colgámola na ventá con lá.
O xoves 27 de outubro celebramos a festa do Samaín. Xuntámonos todo Infantil e decoramos un mantel para a celebración. Despois colocamos todo e comezamos a facer os feitizos. Esta parte gustounos moito porque os ingredientes eran gominolas e xelatina de sabores. Para rematar este día disfrazámonos de vampiros.
Fixemos moitas fotos pero... coidado... dan moito... MEEEEDO!
Outono en E.Infantil
O OUTONO
Comezou o outono e os alumnos e alumnas de 6º de
Educación Infantil, decidimos facer un mural da nova estación. Fixémolo en grupo e foi unha experiencia que nos gustou moitísimo. Primeiro fixemos a árbore, utilizamos cartón e coloreámola de marrón. Despois o chan e o ceo, empregando papel continuo e témperas de cores, na aula de plástica e... deixamos todo recollido e limpo. Cando todo secou, pegamos o chan, o ceo e a árbore na parede. Para rematar coloreamos con ceras unhas follas e castañas, despois picámolas e pegámolas no mural.
Esperamos que vos guste.
3/11/11
Decálogo sobre os libros e a lectura

- O libro,o mesmo que a arte en xeral,debe estar presente de forma natural e habitual na vida dos nenos/as.
- O libro non é un patrimonio exclusivamente cultural,senón un elemento máis de entretenemento nun mundo aberto cada día a máis opcións de ocio global.
- Un libro é coma un disco,unha película,un vídeo o un xogo: pura evasión.
- A biblioteca é o maior salón de xogos (gratuito) do mundo,e hai sempre unha máis o menos cerca de tí.
- Ler fainos independentes,danos personalidade,poder,forza,ideas propias,diferéncianos dos demáis.
- Ler é a principal chave desa porta chamada liberdade.
- Ler é a única droga que de verdade nos abre a mente,nos da luz e nos cambia.
- Ao ler,ao sentir,lembramos que estamos vivos,e que isto é un privilexio.
- Cando o mundo intenta darnos alcance e asquearnos,ler é o único que nos devolve a nosa condición humana.
Jordi Sierra I Fabra
26/10/11
24/10/11
Día da Biblioteca
Hoxe,para festexar o día da biblioteca realizamos varias actividades:
1-As nais da ANPA,Bea,Mª José,Geles,Vicky e Amparo contáronnos dous contos
-La vaca que puso un huevo
-El barco del abuelo.
Parabéns polo rato tan agradable que nos fixeron pasar coa escenificación deses contos tan bonitos.
2-Entrega de mochilas polos titores/as.
3-Entrega do libro viaxeiro.
4-Entrega das libretas viaxeiras.
Boa viaxe para estas mochilas cheas de saber que vos farán pasar ratos moi divertidos.
Ata pronto!!!

Para tratar de suavizar la tristeza de un niño tras la muerte del abuelo, el padre recurre a un viejo barco, protagonista de tantos momentos de felicidad para el anciano a lo largo de su vida. Reparar juntos el barco ayuda al pequeño a acercarse a su padre sintiéndose comprendido y a recuperar la ilusión. Resulta muy interesante cómo la familia se vuelca para consolar al niño, ayudándole a revivir los mejores recuerdos, en vez de intentar hacerle olvidar.

La revolución que se produce en la granja al descubrir que la vaca ha puesto un huevo es incontrolable. Desde luego, a la vaca le sirve para recuperar su baja autoestima y sentirse muy especial, pero el resto de las vacas están muy incómodas con su protagonismo. El lenguaje rimado y las expresivas ilustraciones refuerzan el humor absurdo de esta loca historia.
21/10/11
O Outono
19/10/11
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





