26/10/10

Lemos contos de medo no Parador



Preme na imaxe

Contos de medo


Como estamos a traballar "Os contos de medo",na Biblioteca do colexio podedes atopar moitos libros sobre dito tema.
Achegádevos,porque están esperando por vós.

Le e aprenderás un mogollón!

21/10/10

Me gusta leer




O noso proxecto

"Contos e historias para ler e contar"




A bruxa
ten ollos de bruxa
ten traxe de bruxa
e,de compañeira,
ten unha curuxa.
A bruxa Feluxa,
voando debuxa,
polo alto ceo,
¡unha garatuxa!
Ana Mª Fernández
1º Trimestre
Contos de medo
Traballaremos os seguintes libros:
E.Infantil: "Guille e os monstros" de Rocío Martín
1º Ciclo: " Fiz,o coleccionista de medos" de Fina Casalderrey
2º Ciclo: " A monstroescola" de Anxo Fariña
3º Ciclo: " Tres pasos polo misterio" de Agustín Fernández Paz
2º Trimestre
Contos clásicos
3º Trimestre
Contos populares
Estes contos traballarémolos coa colaboración das familias.

20/10/10

Día da Biblioteca


"Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades"
Seguindo a dinámica iniciada en 2008, a Consellería de Educación difunde un cartel a comezos de outubro (que chegará aos centros nestes días), co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos. Manuel Lariño e Miguelanxo Prado puxeran imaxe aos carteis anteriores. Nesta ocasión é Marina Seoane quen aceptou o reto de ilustrar o lema proposto, unha ilustradora nacida en Madrid pero asentada xa hai tempo en Galicia, membro de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). Pódese acceder ao seu blogue e coñecer algo máis da súa obra.
A biblioteca escolar, entendida como un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.

Un libro especial

3/10/10

Escríbenos Xoán Babarro

Xoán Babarro acórdase de Cormarín

Se vos acordades,o ano pasado,o 1º Ciclo de E.Primaria adaptou o libro "Cormarín" de Xoán Babarro,para unhas sesións de teatro escolar.
En vista do éxito,animámonos a mandarlle unhas fotos da representación ao escritor,e cal foi a nosa sorpresa,que a finais de Setembro recibimos o libro do autor,"Palabra era un universo paralelo", que ademais tiña esta bonita dedicatoria no libro.

Grazas a Xoán Babarro por esta bonita dedicatoria no seu libro.
O alumnado do 1º Ciclo fíxolle moita ilusión que un escritor tivera a deferencia de escribirlle unhas palabras.