Ana na hora do recreo veu a contarlle ao alumnado un conto de medo. Da gusto ver a cantidade de nenos e nenas que acuden a escoitar contos. Grazas Ana por contalo tan ben!.
O alumnado de 6º de E.Primaria achegounos a vida de Novoneyra en cómic. Estamos encantados por estas bonitas ilustracións e por este traballo no que tanto se esmeraron. Parabéns para o alumnado de 6º. Seguiremos contando con vós para próximas actividades. Os máis pequenos van aprender moito co voso traballo!!!.
A conmemoración das Letras Galegas naceu en 1963 a proposta de tres académicos,Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, con ocasión do centenario dos "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, primeira homenaxeada.
LIM elaborado polo colexio CEIP Frian - Teis e que nós recollemos para traballar co noso alumnado. O conto e as actividades gustáronlle moito aos nosos nenos/as. Ilda Preme
O 28 de Abril,os nenos/as de 2º Ciclo fomos de excursión a Vigo.Primeiro fomos ao Centro Cultural Caixanova a ver a obra de teatro "El niño colchón",representada pola compañía madrleña UROC TEATRO. Foi unha obra moi bonita.Representaba un dos maiores medos a que se enfrentan os nenos/as de hoxe en día.Teñen medo á separación dos seus pais. Era unha obra emocionante,un tema de actualidade con moito humor e cancións en directo. Pretendíanos ensinar que os pais teñen que ter antes e despois da súa separación unha boa comunicación entre eles e os seus fillos. Logo terminamos xogando no parque infantil de Samil e pasámolo moi ben.
Se algunha fotografía,debuxo... que aparecen neste blog,están suxeitos a dereito de autor,póñanse en contacto con nós e serán retirados inmediatamente.Grazas.