15/3/10

Semana da Prensa



Durante os primeiros 15 días do mes de Marzo,traballamos cos xornais desde E.Infantil ata 6º de E.Primaria nas nosas aulas, para provocar no alumnado reflexións sobre dito medio de comunicación e lograr que logo sexan usuarios críticos. Pensamos que é moi importante que os nenos/as manipulen os xornais para descubrir o que conteñen no seu interior, cómo están organizados, analizar a 1ª páxina, titulares, seccións e publicidade. Tamén pretendemos que xoguen cos xornais: manipulen, compoñan frases, corten letras e palabras, coloreen titulares, constrúan figuras, realicen actividades plásticas, confeccionen murais... Todo isto fixémolo de forma lúdica e centrado no noso Proxecto Lector de Centro "O mar de historias".


13/3/10

Miguel Delibes





O escritor,periodista e académico da lingua, Miguel Delibes,faleceu en Valladolid. Foi un dos grandes maestros da narrativa do século XX, á vez que sabio coñecedor do home, a linguaxe e a paisaxe castelán. Foi un gran viaxeiro, pescador, cazador e amante da natureza. Naceu o 17 de Outubro de 1920 en Valladolid, cidade na que transcurriu a súa vida. Escritor galardonado cos premios Príncipe de Asturias e Cervantes. Entre as súas obras están :


El camino, Las ratas, Cinco horas con Mario, Los Santos Inocentes, El hereje, El disputado voto del Señor Cayo, Señora de rojo sobre fondo gris, La tierra herida, La sombra del ciprés es alargada, El príncipe destronado...


Obras que merece a pena ler. Recomendamos estas obras, porque moitas familias están interesadas pola lectura de libros.


12/3/10

Biblioteca Municipal


Recomendamos ás familias esta actividade para os seus fillos/as.
Pasarán un rato moi divertido e ademais aprenderán moitas cousas.
Non se esquezan de acercalos á Biblioteca Municipal.
Merece a pena!

11/3/10

Traballos sobre a Arribada


Traballos realizados polos nenos/as do 1ºCiclo de E.Primaria coas súas familias, despois de coñecer a importancia que tivo Baiona no descubrimento do Novo Continente (América).

9/3/10

Le connosco




Esta semana seguimos co proxecto
"Le connosco".
Na hora do recreo a nai, Mª del Carmen García Estévez, veu a contarnos o conto "Ricitos de ouro", coa axuda das TICS.
Grazas por facernos pasar un bo rato.