
13/12/09
Visita dun escritor e dun ilustrador
O día 10 de Decembro,o escritor Ramón Caride tivo un encontro cos nenos e nenas do 1º e 2º Ciclo de E.Primaria.
Faloulles da súa vida e contoulles un conto aos máis pequenos.
Ao alumnado do 2º Ciclo faloulles de que o contido do libro "O cabo da Serpe"estaba relacionado co afundimento, hai anos,do"Prestige"e dalgunhas curiosidades que lle xurdiron mentres o escribía. Logo, contoulles o conto "O tareco de Sara"e explicoulles como coa palabra tareco,que él conservaba desde moi pequeno podíase escribir un conto para nenos e nenas.
A continuación o alumnado fíxolle preguntas e firmoulles o libro.
O ilustrador Eduardo Baamonde,contoulles ao alumnado como fixera os debuxos do conto "O cabo da Serpe".
Tamén lles falou do que representaban e preguntoulles se lles gustaran.
Ensinou aos nenos e nenas na pizarra como partindo dun cadrado,círculo,rectángulo... podían aprender a debuxar.
Logo, para desenrolar a súa imaxinación mandou debuxar a algúns nenos/as o que se lles ocorría na pizarra, mentres él os orientaba e axudaba a rematar o debuxo.
Rematou contestando ás preguntas e firmando os libros que ilustrara.
Todo o alumnado pasou un rato moi agradable.
Grazas aos dous pola súa visita.
A Ramón Caride esperámolo outra vez en Xaneiro para ter outro encontro co alumnado do 3º Ciclo de Primaria.
12/12/09
Xoguetes non sexistas
O alumnado do 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, divertíronse moito o pasado11 de Decembro recibindo "xoguetes ao revés". Según os seus criterios os nenos recibían xoguetes de nenas e as nenas de nenos.Case se convenceron ao final de que o máis importante non é o camión ou a boneca, nin o rosa ou o azul, ni tan sequera o neno ou a nena. O máis importante é divertirse moito con calquera xoguete e ser moi felices.
Todo o alumnado recibiu un agasallo das dúas axentes de igualdade que nos acompañaron e crearon co alumnado xoguetes utilizando materiais de desfeito.Grazas.
Xoguetes que me diferencien,non grazas.
O pasado xoves (10 de Decembro) as familias deste colexio, imaxinamos que por motivos diversos, non asistiron á charla "XOGUETES QUE ME DIFERENCIEN, NON GRAZAS".Unha pena porque se perderon o segredo de por qué o xoguete sexista, ademais de non ser nada educativo, é negativo para o desenvolvemento dos nenos e nenas, fomenta un reparto discriminatorio dos papeis sociais etc.
Esperamos que as próximas charlas,se se celebran, conten coa asistencia de alguén e sexan do agrado da maioría.
Podedes darnos algunha pista.Grazas.
O robot submarino
O día 9,o alumnado de sexto e quinto do noso centro fomos,cos outros colexios de Baiona ó Club de Iates,para recibir o submarino que cruzou o Atlántico en busca de información científica.Había autoridades norteamericanas e españolas,algúns falaron da importancia deste feito.
Un alumno de sexto do noso colexio,Cristian,leu unha carta que chegaba no submarino e outro,Javier,entregou tódalas cartas que escribimos nós mesmos.
Finalizou o acto facéndonos unha foto todos os rapaces e rapazas co submarino.




