26/7/09

Novidade


Andanzas de Xan Farrapeiro

Caride Ogando, Ramón (Autor/a)

Hai moitos, moitos anos, vivía nunha aldea da montaña un home moi pobre, moi pobre, tan pobre que non tiña nada, nin eidos, nin casa, nin sequera roupa, vestíase con farrapos, por iso lle chamaban Xan Farrapeiro. Pero a historia de Xan non é unha historia triste, trabucariamonos se pensasemos iso; Xan era pobre pero alegre, animoso e valente e ben espelido, por iso as cousas cambiaron para el un día que estaba a procurar guizos e apañar piñas no monte e atopou a dona dos penedos, unha moza fermosa de pel alba como o leite, que levaba un vestido ricamente bordado. Andanzas de Xan Farrapeiro é a reinvención que Ramón Caride realiza dun conto marabilloso ben coñecido, aquela historia dun Xanciño pobre que se facía pobre por arte de maxia e logo o esquecera todo. As ilustracións de Marisa Irimia axudan a brotar as cores dunha historia de noites escuras, altos penedos e paisaxes de verde intensidade.
A partir de 8 anos.

24/6/09

Festa final de curso



O día 22 de xuño celebramos a festa final de curso.
Primeiro o alumnado viu a película "Charlie e a fábrica de chocolate"e participaron en xogos cooperativos no patio.
Logo as nais da ANPA preparáronlle unha merenda e por último o alumnado de 6º de E.Primaria bailaron a "Danza das espadas" adicada este ano o equipo directivo sainte.
Felices vacacións.
Ata o vindeiro curso!.

20/6/09

Compañía de teatro ANPA


Un ano máis,a compañía de teatro ANPA,representou para toda a Comunidade Educativa a obra de teatro "O segredo de Daniel".
Trata dun neno de oito anos,Daniel,que vivirá unha aventura apaixonante a través da lectura do libro "HALLIC,O HOME-NENO".

Regreso das mochilas







As mochilas viaxeiras regresaron ao colexio cheas de traballos preciosos e comentarios que nos encantaron sobre os libros que ían dentro.
Felicitamos a tódalas familias por adicarlle un rato do seu tempo a ler cos seus fillos/as, e polos marabillosos comentarios que nos fixeron chegar a través das mochilas,sobre o importante que lles pareceu esta actividade.
Todos coincidiron en dicirnos que pasaron ratos moi bos lendo todos en familia.
Ata o vindeiro curso!.