20/5/09

Un día con Susa e Merchy


Susa Herrera e Merchy Rozas visitaron o colexio de Fontes co gallo do "Día das Letras Galegas".
Presentáronnos o libro "Todos os animais ó caixón"e fixéronnos pasar unha mañá moi divertida,e de gran movemento a maiores e pequenos.
Cantamos,movémonos e contaxiáronnos a súa magnífica expresión corporal.
Que gran diversión!
Grazas as dúas por ser tan marabillosas contando contos.

14/5/09

En busca dun libro


O día 13 de Maio,os nenos/as do 1º Ciclo de E.Primaria saíron do colexio en busca dun tesouro,"UN LIBRO".
Primeiro dirixímonos á Ermida de Santa Marta.
Alí,disfrazámonos de piratas para escoitar o conto "O LIBRO DAS ILLAS CÍES"e tamén para aprender cousas relacionadas co mar.
Un neno e unha nena sacaron dúas palabras dunha bolsa e inventamos un conto entre todos, para logo ilustralo nas respectivas clases.
Antes de marchar para a lonxa déronnos a primeira pista para atopar o tesouro.
Na lonxa recibimos unha pequena explicación e a segunda pista.
Repuxemos forzas no Campo do Aral e déronnos a terceira pista.
Por último,dirixímonos á Biblioteca Municipal onde nos esperaba o bibliotecario Anxo.
Por fin a última pista!
Rápidamente atopamos o libro "O MOSQUITO VOADOR",que escoitamos con moitísima atención.
Anxo preparounos uns libros para ler e un xogo "EN BUSCA DAS VOGAIS".Tamén recibimos encantados o carné de socios da Biblioteca Municipal.
Para rematar debuxamos e pintamos os animais do "LIBRO DA SELVA"que pegamos nun mural e deixamos alí.
Unha mañá máxica,chea de ilusión e divertimento!!

8/5/09

7/5/09

Le connosco


Durante o mes de Abril,varias nais e unha avoa fixéronnos pasar uns ratos moi agradables, lendo contos aos nenos/as que quixeron escoitalas durante a hora do recreo.
Grazas a todas elas por ser unhas boas contacontos,neste mes de Abril,mes dos libros.
Ata o próximo ano!
Esperamos contar coa vosa colaboración o vindeiro curso.