14/5/09

En busca dun libro


O día 13 de Maio,os nenos/as do 1º Ciclo de E.Primaria saíron do colexio en busca dun tesouro,"UN LIBRO".
Primeiro dirixímonos á Ermida de Santa Marta.
Alí,disfrazámonos de piratas para escoitar o conto "O LIBRO DAS ILLAS CÍES"e tamén para aprender cousas relacionadas co mar.
Un neno e unha nena sacaron dúas palabras dunha bolsa e inventamos un conto entre todos, para logo ilustralo nas respectivas clases.
Antes de marchar para a lonxa déronnos a primeira pista para atopar o tesouro.
Na lonxa recibimos unha pequena explicación e a segunda pista.
Repuxemos forzas no Campo do Aral e déronnos a terceira pista.
Por último,dirixímonos á Biblioteca Municipal onde nos esperaba o bibliotecario Anxo.
Por fin a última pista!
Rápidamente atopamos o libro "O MOSQUITO VOADOR",que escoitamos con moitísima atención.
Anxo preparounos uns libros para ler e un xogo "EN BUSCA DAS VOGAIS".Tamén recibimos encantados o carné de socios da Biblioteca Municipal.
Para rematar debuxamos e pintamos os animais do "LIBRO DA SELVA"que pegamos nun mural e deixamos alí.
Unha mañá máxica,chea de ilusión e divertimento!!

8/5/09

7/5/09

Le connosco


Durante o mes de Abril,varias nais e unha avoa fixéronnos pasar uns ratos moi agradables, lendo contos aos nenos/as que quixeron escoitalas durante a hora do recreo.
Grazas a todas elas por ser unhas boas contacontos,neste mes de Abril,mes dos libros.
Ata o próximo ano!
Esperamos contar coa vosa colaboración o vindeiro curso.

29/4/09

Exposición "Un libro,un amigo"





Un libro,un agasallo








Os libros divirten












Que bonitos!















Os libros ilusionan







Cos libros pasamos
ratos moi
divertidos.
Un ano máis inauguramos a exposición "Un libro,un amigo".
Pedimos a diferentes editoriais,que nos manden as últimas novidades, para que os nenos/as vexan os libros,elixan os que máis lles gustan e lean os máis atractivos.
Cando chega esta época están todos entusiasmados,porque moitos levarán para as súas casas os preferidos.
Esta exposición estará aberta ata o 18 de Maio