29/4/09

Traballo en familia



Os nenos/as de 2º de E. Primaria "O Día do Libro" levaron para as súas casas "A libreta máxica".

Tiveron que debuxar o libro que lles gustaría ter na biblioteca da súa casa.

Estes foron os seus traballos.

24/4/09

Acto no Día do Libro


Para conmemorar o "Día do Libro",os nenos/as leron por ciclos a biografía do autor e o resumo do libro que estiveron a traballar no proxecto lector.
Logo seguindo coa actividade "Le connosco",o profesor José Luis,a nai dun alumno,Sandra e a alumna de sexto de primaria,Olaya, leron o conto "Ernesto bo día".
Grazas por deleitarnos con ese bonito conto que nos fala de amor e por interpretalo tan ben.
Tamén felicitamos ao alumnado,porque leron tan ben para todos nós.
Moitas felicidades para todos.

Traballos do alumnado


Estes traballos foron realizados polos nenos/as para festexar o "Día do Libro".

Ilusión polos libros

Tinta e celuloide


Traballos realizados polo alumnado,despois de ler os libros e ver as respectivas películas.

Viaxa con nós

Moitas grazas a Bibliocóntame por facernos partícipes de esta bonita cadea de oito desexos.
Estes son os nosos:
1.Debuxar alegrías.
2.Soñar desperto.
3.Imaxinar ilusións.
4.Volver a ler o meu libro favorito.
5.Comezar cada día cun sonriso.
6.Viaxar lonxe coa mirada.
7.Escoitar cancións que me emocionan.
8.Vivir,vivir....
Nos convidamos aos seguintes blogs a que continúen esta cadea.
.Cadernos de Vide
.O recanto de Mik
.Golfiños de Aguiño
.A biblioteca de libruxa
.Sereas sen cadeas