13/3/09

Xornada de animación á lectura


Un contacontos no colexio
O día 9 de Marzo,tivemos no colexio dúas sesións de animación á lectura.
Unha sesión para os máis pequenos e outra para os maiores.
O contacontos Mario,narrou diferentes contos clásicos ao alumnado do colexio.
Os contos que máis lles gustaron aos nenos/as foron:
.O verme sen casa
.O tigre famento
.O ratiño Pérez

9/3/09

Marzo,mes da poesía



O 21 de Marzo celébrase "O Día da Poesía".
Os nenos/as do 1ºCiclo,empezaron a traballar este mes a poesía.
Despois de ler o libro "Adiós ríos,adiós fontes" de Rosalía de Castro,ilustraron o poema coas súas familias.

27/2/09

Fontes co cinema


Este ano acordamos celebrar o Entroido co seguinte título "Fontes co cinema",co obxectivo de darlle continuidade ao proxecto lector do Centro "Tinta e celuloide".
O programa a desenvolver durante o mes de Febreiro foi o seguinte:
1. Elaboración dun mural colectivo alusivo ao título.
2. Realización dun "Meco".
3. Concurso de caretas.
4. Deseño e realización dos disfraces por Ciclos.

18/2/09

Día de Rosalía
















O día 24 de febreiro é "O Día de Rosalía de Castro".
Naceu en Santiago (1837) e morreu en Padrón (1885).Poeta galega por excelencia.
Escribiu en castelán "En las orillas del Sar" co que acadou fama de ser unha das mellores poetas do século XIX.
En galego escribiu "Cantares gallegos",que se publicou en 1863 e "Follas Novas".
En 1963,no centenario da publicación de "Cantares gallegos",a Real Academia Galega,decidiu conmemoralo instituíndo o "Día das Letras Galegas",sendo Rosalía a primeira homenaxeada.

17/2/09

As caretas máis divertidas




Noraboa a todo o alumnado pola masiva participación neste concurso e polas caretas tan divertidas, coas que nos sorprenderon.