27/5/14

Exposición de libros

Durante varios días temos unha exposición de libros na entrada do colexio.

19/5/14

Acto Día das Letras Galegas


Letras Galegas 2014 - Movie Maker


Actividades realizadas:
- Proxección do video "Meu o mundo é"! de Paco Nogueiras
- Proxección da biografía de Xosé María Díaz Castro,realizada polo alumnado de 6ºB.
- Pezas de microteatro,realizada polo alumnado de 6ºA.
- Estacións de lectura,realizadas polo alumnado de 5º.
 Léronse os seguintes libros:
- Soño do galo
- De que cor es ti?
- Lobo,lobo
- Area nos zapatos
- A avoa do nobelo branco
- Unha manchea de bicos

Biografía Xosé María Díaz Castro

Realizado polo alumnado de 6ºB de E.Primaria.

14/5/14

Semana Cultural

Teatro "Trogloditas"

O xoves, 8 de maio, o alumnado do 2º ciclo do C.E.I.P de Fontes, xunto co alumnado do 2º ciclo do C.P.I de Covaterreña fomos a Vigo ao Teatro García Barbón, a ver a posta en escena de “TROGLODITAS” da compañía Tanxarina.
Nesta obra, tres actores e titiriteiros invitárónnos a retroceder á Prehistoria cun divertido espectáculo cheo de humor.
Foi unha actuación moi divertida.
 Ao rematar desprazámonos a Samil e alí merendamos, corremos, saltamos, xogamos e…incluso practicamos SKATE “ sen monopatín”.
Que día tan divertido!

9/5/14

A noite das mudanzas

A noite das mudanzas Outro conto entrou na nosa clase, A noite das mudanzas. E xa que temos tanta experiencia no de ser actores, que fixemos unha representación especial para todo o colexio, e así celebramos o día do libro. Sabemos que queriades estar presentes, e como non puido ser os profes graváronnos en video para que poidades velo. Preto da clase está o novo mural, quedounos tan chulo...que vos parece?