16/3/08

Rosalía de Castro


O día 24 de febreiro,conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro.Os nenos/as de Fontes estiveron varios días realizando diversos traballos sobre ela,e finalmente fíxose un acto para todo o colexio onde se recitaron poemas dos libros "Follas Novas" e "Cantares Gallegos".

13/3/08

O Entroido


Tema do Entroido: "Paises do Mundo".

E.Infantil: Hawaianos

1º Ciclo de Primaria: Chinos

2º Ciclo de Primaria: Africanos

3º Ciclo de Primaria: Chilenos 5º , 6ºÁrabes

Fotos Entroido


O homiño de papel


12/3/08

Acto no Día da Paz

Día da Paz

Os nenos /as de E.Infantil traballaron o libro:

"A que sabe a lúa"

1º Ciclo de Primaria:

"O homiño de papel"

2º Ciclo de Primaria:

"El lobito bueno"

3º Ciclo de Primaria:

5º - "La composición"

6º - "La Perrona"

O día 30 de xaneiro fíxose un acto no que cada Ciclo expuxo os

seus traballos.

11/3/08

O soldadiño de chumbo


O día 16 de xaneiro os nenos/as de 1º Ciclo de Primaria,

foron ó teatro a ver a obra "O soldadiño de chumbo",

versión do conto de H.C.Andersen,realizada pola compañía

de teatro musical Sim Saladím.

Teatro


9/3/08

Poema

Mes de Xaneiro


Mes de Xaneiro.Vai frío.

Tremen as arbres despidas.

A lúa chove no río.


As sombras das bidueiras,

nos vellos camiños,baixan

beber a lúa ás poceiras.


Alá no meu corazón

ruxe a represa de lúa

dos muiños da emoción.

Libro do inverno


6/3/08

Libro de Martiño


O conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite

de Reis",foi representado en Nadal polos nenos/as de

1º de Primaria.

Conto Nadal

Nadal


Papa Noel chegou ó Colexio de Fontes e os nenos/as pedímoslle:

- Un mundo sen guerras, sen violencia,sen inxustizas,máis solidario

e que todos/as vivamos mellor.

Fotos Nadal

4/3/08

Historia dunha castaña


A castaña que chegou a árbore

Esta historia trata dunha pequena castaña que unha
nena plantou nunha maceta.
Cando medrou transplantouna no monte e esa castaña
chegou a ser unha frondosa árbore.

Tucho Calvo

Magosto E.Primaria

Poema "O ourizo"

O ourizo

Co seu ouro vello,mol,

o ourizo ouriceiro

toma o sol

no bico dun castiñeiro.


Tal un señor moi mandón:

no bico dun castiñeiro

o ourizón

toma o seu sol moi riseiro.


O ourizo está moi ledo

coa súa casa ben pechada

-¡Ouh,que medo!-

de espiñas toda cercada.


Quer botar unha risada

e os seus dentes arregaña

case un nada:

¡ e xa fuxiu a castaña...!

Magosto E.Infantil